Da miña xanela á túa (2007)
Gravado na primavera de 2007 nos estudos Casa de Tolos (Gondomar) coa produción de Segundo Grandío e Uxía Senlle, o traballo consta dun CD con 15 cancións, con temas como “O Trébol”, “A gota d´agua” ou “O Pirimpimpín”. Da miña xanela á túa inclúe tamén un DVD con dous videoclips, un documental, e un “como se fixo”. Nesta ocasión, entre os colaboradores de Malvela atopáronse Alfonso Franco, María Freiría, Sérgio Tannus, a charanga O Fiadeiro, Fernando Abreu, Oli Giráldez, Luís Caruncho, Augusto Canario, Lorenzo Suárez, Andrés Giráldez, o orfeón Treixadura, José M. Sanromán ou Viqui Pérez.
web deseñada por ekinocio comunicación, 2008
O Aghinaldo (2004)
Gravado nos meses de setembro e outubro nos estudos Casa de Tolos (Gondomar), o disco foi concibido e producido por Uxía Senlle. Ela mesma, xunto con Juan Eiras, foi quen sen encargou dos arranxos. Como noutras ocasións, Malvela tivo o privilexio de contar con invitados de luxo: Quim Farinha (Berrogüetto), Xaquín Xesteira “Xocas” (Treixadura), Fran Eiras (Irtio) e The Turre’s Band Torroso. O CD está adicado integramente aos cantos de Nadal (panxoliñas, aninovos, xaneiras e cantos de reis que ranchos e rondallas popularizaron en todo o Val da Louriña e mesmo en Portugal).
imagen
fondo
biografía | discografía | actuacións | audio | video | galería fotográfica | contacto | myspace
Que o pano non me namora (2002)
Gravado nos estudos Casa de Tolos, en Gondomar, baixo a dirección artística de Uxía Senlle. Inclúe 14 temas de natureza diversa, no tocante aos ritmos e aos contidos: folclore raiano, coma o Malhao, e tamén galego, con foliadas, muiñeiras e cantos de traballo e de camiño, entre outros.
image
image
image
Raianas (2011)
'Raianas' é unha viaxe pola música de ambas as dúas beiras do Miño, na que aparecen cantos tradicionais e actuais e no que soan temas novos xunto con algúns dos máis coñecidos do grupo, como a versión de “O Pirimpimpín” que se escoita na serie Padre Casares, que por primeira vez foi gravada en disco. O álbum céntrase no repertorio raiano, nun afán de irmandade con Portugal que Malvela amosou xa desde o seu primeiro disco, 'Que o pano non me namora'. Nesta ocasión están acompañadas polo seu grupo habitual e por convidados como Uxía, Carlos Blanco, Nuria Freiría, Oli Xiráldez e a poeta de Mos María Magdalena.