web deseñada por ekinocio comunicación, 2008

NOVO DISCO DE MALVELA: 'RAIANAS'

Cantaban nas súas casas, tiñan nos seus corazóns as cantigas das avoas e un día puxéronse a facer festa con elas para achegarnos o seu tesouro musical. Malvela son varias xeracións que se xuntan ofrécennos as cancións que veñen da terra, a cultura das nosas aldeas.

No ano 2002 publicaron o seu primeiro álbum, agora presentamos 'Raianas', o seu 4ª álbum gravado ao vivo. Teñen realizado numerosas actuacións en directo que as confirmaron como unha das propostas máis atractivas da música galega, cunha gran capacidade para conectar con públicos de idades e procedencias diversas.

Malvela transmite neste álbum un ambiente festivo coa forza e convicción naturais coa que estas mulleres se empregan cada vez que pisan un escenario. Un concerto seu é sempre emocionante e participativo, unha ocasión única para gozar da mellor música popular. Nesta ocasión están acompañadas polo seu grupo habitual e por convidados como Uxía, Carlos Blanco, Nuria Freiría, Oli Xiráldez e a poeta de Mos María Magdalena.

'Raianas' é unha viaxe pola música de ambas beiras do Miño, na que aparecen cantos tradicionais e actuais e no que soan temas novos xunto con algúns dos máis coñecidos do grupo, como a versión de “O Pirimpimpín” que se escoita na serie Padre Casares, que por primeira vez foi gravada en disco. O álbum céntrase no repertorio raiano, nun afán de irmandade con Portugal que Malvela amosou xa desde o seu primeiro disco.

imagen
FONDO
biografía | discografía | actuacións | audio | video | galería fotográfica | contacto | myspace

Xa podes ver o noso novo videoclip aquí.

raianas

 

www.uxia.net
www.sracarmen.com